Nunha madrugada primaveral de finais do s. XVIII, unha goleta de tres mastros (a Santa Carballido) zarpa do Porto de Vigo cara as Américas. Os seus tripulantes parten cara o Novo Mundo na busca dunha vida mellor, ou, ao menos, dunha segunda oportunidade. O que atoparon, pola contra, foi unha galerna que enviou a súa embarcación ás profundidades do Océano Atlántico. Segundo recolle o capitán André de Andrade no seu diario, ó mencer do día seguinte, cando apenas quedaba esperanza para os superviventes á deriva, o Sol mostroulles o camiño a terra firme: a illa de Portosanto. Máis dun século despois, cando da comunidade que alí se creou pouco máis quedaba que os escritos de Andrade aquí recollidos, aínda ondeaba no cumio de Pena Xeada unha bandeira, cingida ó que un día fora o pao maior da embarcación. Nela, cosida con fío azul e dourado, unha frase: ten que haber un sitio para nós.
Get notified the moment Portosanto announces a new show.

New Portosanto dates land in the app first
Follow once and we’ll tell you when a new date is announced.
Portosanto plays melodic indie pop and pop rock with a strong regional identity, released through Ernie Records.
Follow Portosanto on Mood to stay updated on all their upcoming tour dates and live performances.
Portosanto is an indie band from Spain, heavily rooted in the Galician music scene.